A peor das expectativas cando preparabamos esta proba era a de quedar eliminados da proba, perdendo a posibilidade de disfrutar dos paraxes máxicos polos que discorre este excepcional raid.
Salvando esta opción, queríamos chegar a meta final sobre o noso cabalo. Esta posibilidade, que acariciamos desde o dia de onte, cando INDIANO mellorou da súa lesión e puido disputar a sétima xornada esfumouse no control veterinario previo a última etapa. O cabalo marcaba unha lixeira coxeira, por sobrecarga articular xeralizada, ante o que decidimos non tomar a saída, como medida preventiva. Así, non nos quedou máis remedio que seguir a preciosa etapa pola serra de Andujar no vehículo de apoio. A etapa en si era de extrema dureza: distancia a percorrer elevada (77 km), e un gran desnivel, acabando a mesma con unha subida certamente pronunciada de 7 quilómetros, acabando no especial paraxe que ofrece o mosteiro da Virxe da Cabeza. Como exemplo, un dos nosos directos competidores, tardou en cubrir a distancia total da etapa 9 horas e media. Iso é, como todo o mundo entenderá, un esforzo sobrehumán, que somentes poden acometer aqueles competidores que se atopen nunhas mínimas condicións físicas e, o que aínda e mais importante a estas alturas de competición, cunha completa entereza mental. Nestes momentos, xa moitos dos cabalos foron eliminados. Os que quedan, por pundonor, poñerán todo da súa parte para saborear o doce sabor que supón superar un reto destas dimensións: percorrer a cabalo 500 quilómetros.
Levamos toda a semana, desde o pasado xoves dia 27 con un ritmo de vida acelerado. A competición así o esixe. Aquel que non estea disposto a sufrir horarios intempestivos, traballo ao longo de toda a xornada, completa atención a tódolos aspectos da carreira, centrándote no teu cabalo, non pode ser un xinete do Al-andalus. Normalmente, a diana para nos soaba as 6 am. As 6:30 alimentación do cabalo – pienso e complementos nutricionais – primeira revisión e acondicionamento do box. As 7:30 saída para o paseo de quecemento e preparación para o control veterinario. As 8:00 preparación do cabalo. As 8:30 normalmente saída. De 9:00 a 16:00, aproximadamente en función das diferentes etapas, desenvolvíase a carreira, cos seus correspondentes traslados a asistencias e vet-gates, situacións que marcaban o máximo stress da mesma. A partires das 14:30 e dunha pequena comida de campaña, iniciabamos os traballos de recuperación que se prolongaban ata as 8:30 ou 9, xusto cando se propoñia a reunión tecnica informativa para tódolos equipos, de obrigada asistencia. A continuación, dirixíamonos cara o hotel, onde so nos quedaba caer deitados ata o seguinte dia, ao que esperábamos coa maior das ansiedades, coma un neno espera o día no que lle van a facer o mellor dos regalos.
A clasificación final non nos deixou satisfeitos en absoluto. Temos que buscar nas experiencias vividas, nas aprendizaxes realizadas, nas relacións humanas colleitadas, o noso trunfo particular. Para o vindeiro ano tentarémolo de novo, coa maior das ilusións e coa maior das expectativas. Mentres que o corpo aguante.