Andalucía e sol parecen termos inseparables. Case sempre. Hoxe abre o día cuberto e con chuvia. Outro factor que pode alterar o desenvolvemento dunha proba destas características. Os factores que mais afectan a unha proba de raid son, sen dúbida, a temperatura e a presenza ou ausencia de vento, pola súa influencia na sensación térmica. A chuvia, comedida e un elemento que agradece calquera practicante de raid. Favorece o refresco do cabalo e impide que o rendemento se vexa influenciado polas altas temperaturas, aspecto que condiciona en gran medida as prestacións deportivas. Cando preparamos a experiencia andaluza, contamos coa posibilidade de sufrir altas temperaturas nesta época do ano. Con elas, cobra vital importancia o papel das asistencias, sempre obsesionadas con reducir a frecuencia cardíaca con vistas a afrontar os controles veterinarios con garantías. Este comportamento na frecuencia cardíaca acadase de xeito satisfactorio mediante o arrefriamento selectivo dalgunhas rexións da anatomía do cabalo, respectando outras onde a refrixeración e contraproducente. Polo tanto, cunhas condicións comas as de hoxe, a priori, vese beneficiado o rendemento do cabalo, que actuara con maior eficiencia.
O vento e, nembargantes un inimigo silencioso que nos pode provocar un gran inconvinte. Con similar temperatura e presenza de correntes de aire, o enfriamento do cabalo, que se atopa nun proceso de sudoración intenso vese acelerado, sen que se produza un paso gradual. Isto pode traer consigo contracturas musculares por enfriamento, que de especial maneira actuarán sobre o dorso, alteracións respiratorias e incluso os temidos cólicos, procesos agudos de dor abdominal que poden ter fatal desenlace.
A etapa de hoxe transcorre entre Sanlucar de Barrameda e o especial enclave de El Rocio. Atravesaremos polo tanto o Parque Nacional de Doñana, o que supón que o trafico esta rá restrinxido, téndonos que amoldar as asistencias a un sistema de transporte que o propio parque dispón. Os xinetes recorreran o traxecto entre Sanlucar e Matalascañas polas areas da praia, as beiras do Gudalquivir. En total 35 km de praia. Será preciso atender de xeito especial a este aspecto, prohibido, xa que este tipo de terreo e as suas condicións para hoxe non son as idóneas para os cabalos. Ademais, contar cun espazo aberto de tales dimensións provoca que se perda lixeiramente a percepción do ritmo, facendo que os participantes acaden unha velocidade sustancialmente maior da prevista.

No hay comentarios:
Publicar un comentario