Despois da incerteza dos últimos dias sobre a posibilidade de seguir a competición ou de abandonala, e despois dun extenuante traballo ao longo de 36 horas, tratando de conseguir que os problemas que nas ultimas xornadas arrastraba o noso cabalo melloraran, acadamos o que perseguiamos: pasamos o control veterinario. Polo tanto, podemos continuar na competición. Sen embargo, agora contamos con un problema: as articulacións de INDIANO non están nas mellores condicións. Denotan unha falta de adestramento en aspectos de construción muscular. As bases sobre as que se deben de asentar os piares de rendemento están moi relacionadas con estes elementos que moitas veces pasan desapercibidos para os adestradores. Centrámonos en mellorar as velocidades, os ritmos, a potencia, a fiabilidade e durabilidade dos nosos compañeiros sen prestarlle atención aos elementos claves que, aínda que non son determinantes para o resultado deportivo inmediato, si participan de xeito incuestionable na capacidade de performance de calquera ser que se adique a práctica deportiva. No noso caso, a priori, obsérvase unha certa debilidade no sistema de suxeción capsuloarticular das extremidades, a nivel inferior, nas articulacións dos menudillos, precisamente aquelas que en primeiro lugar recepcionan os multiplos impactos que un cabalo de raid recibe ao longo de cada etapa. Despréndese a primeira vista, unha necesidade de traballo de doma básica en picadeiro, un traballo que permite unha musculación progresiva e uniforme dos diferentes grupos musculares e tendinoligamentosos, ao mesmo tempo que lle axuda ao cabalo a desenrolar aspectos coma a reunión, a incurvación, a flexibilidade e a inclinación. Son prerequisitos invisibles pero indispensables, que aseguran un posterior rendemento óptimo na vida deportiva do noso compañeiro.
A xornada de hoxe foi a primeira dos dous grandes retos que nos esperan para rematar o raid. Entramos en Serra Morena e polo tanto en etapas de montaña. Por encima, son etapas que cubren unha gran distancia, tendo en conta as condicións actuais dos cabalos. Nas últimas xornadas, as baixas na competición son constantes. As coxeiras son moi habituais e tamen van aparecendo problemas metabólicos, que inmediatamente descalifican, e cardiocirculatorios. Á postre, a temperatura comezou a subir, e espéranse 25 grados de temperatura na serra.
Continuamos no posto numero 13, a raíz das baixas que se van dando na carreira. Non prevemos mellorar considerablemente o posto, ainda que o noso obxectivo a día de hoxe, co que nos sentiríamos satisfeitos esta en finalizar entre os 10 primeiros. Todo dependerá da etapa de hoxe, de como reacione o cabalo ao stress que supón unha gran distancia despois dunha recuperación intesiva e a posibilidade de sair a correr a última etapa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario