miércoles, 29 de abril de 2009

PRIMEIRA XORNADA, 27 de marzo: XEREZ – SAN LUCAR DE BARRAMEDA



Cando se participa nunha carreira, de calquera tipo, o que desexa todo competidor e que esta de comezo. Cando isto sucede, comezan tamén as diferentes dificultades que cada modalidade entraña. No noso caso, innumerables opcións, un amplo abanico de situacións, unhas controlables, outras non, que determinan totalmente o resultado deportivo. Tratándose como é o caso dunha proba de altísima intensidade, ao longo de tantas xornadas, o erro ou a adversidade en calquera aspecto da carreira condena ao participante a sensación de fracaso polo simple feito de non poder acabar a proba.
A primeira xornada do raid discorre entre as localidades de Xerez e Sanlucar de Barrameda, cubrindo unha distancia total de 63 kilometros a unha velocidade que debe ser maior de 11 km por hora. Realízanse durante a proba dous controis veterinarios, o primeiro no quilometro 25 e o outro ao finalizar. Estes controis veterinarios determinan si os cabalos están listos para continuar na proba deportiva ou pola contra teñen que abandoala. Os motivos que poden provocar esta descalificación don diversos, e abranguen desde pulsacións por encima das 56, coxeiras, dor do dorso, deshidratación, etc.
A clasificación da etapa elabórase a semellanza de como se fai nunha proba longa de ciclismo, sumando o tempo total empregado por cada participante. Deste xeito, cobra especial importancia o factor táctico, sobre todo á hora de seleccionar as velocidades a empregar durante a proba. A maior velocidade, menor tempo empregado pero tamén, maior deterioro do noso cabalo para afrontar etapas posteriores. No noso caso, seleccionamos para esta etapa, unha velocidade de 12 km por hora, táctica conservadora, de cara a reservar enerxías para vindeiras fases de maior dureza. Ao final, sumamos 4 horas 58 minutos, o que se corresponde con unha media de 12,5. obxectivo cumprido. Maña máis e máis duro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario