miércoles, 29 de abril de 2009

SEXTA XORNADA, 02/02/09: ETAPA DE DESCANSO, CÓRDOBA

Organizar un gran evento deportivo require unha importante dotación de medios, tanto humanos, como técnicos e por suposto materiais. Así tamén o aseguraba José Manuel Soto, director do IV Raid Kaliber e máximo responsable de tódolos aspectos organizativos desta proba. E non son poucos. El comentaba que esta proba e de maior interese e de maior repercusión que, por exemplo, a Vuelta a España. A fin de contas, existen en varios sitios outras probas - véxase Tour, Giro – que igualan e incluso superan en dificultades técnicas e organizativos a proba española. Isto non sucede no Raid hípico Tierras de Al-andalus. Atopámonos ante o maior expresión de dificultade loxística dunha proba desta modalidade en todo o mundo. Iso pensase e dise pronto, pero non se executa con tanta facilidade. O feito de que a proba comece e remate en cada etapa en cidades e núcleos de poboación importantes- esixencias da televisión e dos contratos e patrocinios– provoca que sexa necesario movilizar unha gran cantidade de persoal, de servizos, de medios para que todo discorra segundo o previsto, e dicir, sen incidentes para unha positiva promoción deste deporte. Onte entramos en Córdoba cidade. 16:00 da tarde e un tráfico intenso. Os servizos municipais, a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e demais organismos desta localidade puxeron todo o seu empeño en que nada puidese fallar. Así aconteceu. Toda unha caravana de coches de apoio, coches de asistencia, vehículos da organización, vehículos médicos e veterinarios e sobre todo, competidores a cabalo, entraron nunha cidade de 200.000 habitantes, chegando ata a Porta de Sevilla, os pes do Alcazar dos Reis Católicos sen o menor indicio de colapso nin atrancos na normalidade da vida da cidade. Chamoume moito a atención cando fago a comparativa, repasando a miña experiencia na organización de probas deportivas, con continuos peros as eventuais molestias que as necesidades das mesmas poderían provocar. Desde logo, non hai lugar a comparación, dado a abismo na repercusión mediática dunha e outra situación. Pero este razoamento dáme pe a pensar. A pensar que con ilusión, con axuda e con convicción, calquera cousa, calquera evento pódese levar a cabo.

A etapa de hoxe e de descanso. Tódolos equipos están xa coas forzas moi mermadas. O que máis e o que menos apura as horas de descanso buscando a maneira de aliviar os sufrimentos que, sen lugar a dúbidas, tódolos cabalos levan as súas costas. Van xa 380 quilómetros aproximadamente e é inevitable a presencia das lesións deportiva. Cada día elimínanse cabalos da competición, por non superar os estritos controis os que son sometidos dúas veces cada día e unha terceira vez antes de comezar a etapa do dia seguinte. Nos mesmos, decidimos parar a xornada 5, non saír e penalizar con 90 minutos sobre o tempo máximo permitido, co fin de non sobrecargar máis as articulacións dun cabalo que mostra certos indicios de carencias no adestramento. Daquí saen dúas situacións que fan máis complexo e atractivo esta modalidade. Por un lado, as medidas a seguir para favorecer a recuperación dos cabalos. Está estrictamente prohibido medicar ou tratar ao cabalo, xa que iso suporía unha inmediata eliminación. Daquela, so se poden utilizar medios naturais. Para as sobrecargas e inflamacións: xeo, enfriamento, chorros de auga, compresión, pomadas (nos engadimos cataplasmas de herbas, arcillas, drenaxes linfáticos, o que causa unha verdadeira expectación no momento que poñemos en marcha estas técnicas), para as contracturas, masaxes, para a deshidratacións, electrolitos. Póñense en marcha verdadeiros arsenais de alternativas, algunhas ortodoxas, outras non tanto, co único fin de que a nosa montura se atope o vindeiro dia (tendo en conta que quedan as duas etapas máis duras do raid) nunhas condicións mínimamente aceptables que lle permitan poder sair a facer a etapa, co permiso veterinario.
O segundo aspecto que todo o mundo está a mirar e remirar estes dias e o regulamento, nos apartados que marcan as penalizacións que cada quen ten que asumir ante as decisións que pode tomar de cara a saír ou non saír a unha etapa. Neste raid, permítese, ademais dunha xornada de descanso oficial, unha xornada de descanso individual, que podes optar por coller. Si o fas, contabilizáseche para esa etapa, o tempo límite sempre e cando, o cabalo supere o control veterinario previo a saída. Si non o supera, penalízase tempo limite máis un tempo extra de 90 minutos. A táctica neste sentido cobra unha gran importancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario