miércoles, 29 de abril de 2009

TERCEIRA XORNADA, 29/3/09: EL ROCÍO – SEVILLA


O parque nacional de Doñana e un exemplo claro da xestión consecuente dun espazo natural de especiales condicións. O tráfico rodado está completamente prohibido, salvo aquel exclusivamente xestionado pola entidade que dirixe o Coto e que se utiliza para unha explotación racional deste entorno. En Galicia quizais teñamos que estudar sistemas coma este de cara a salvagadar e aproveitar dun xeito máis eficientes os nosos recursos naturais.
Polo tanto, para os xinetes é un verdadeiro privilexio poder atravesar os paraxes do parque, co único inconvinte de que o terreo polo que se van a desprazar non é máis idóneo para a modalidade. Esta etapa, partindo do Rocio comeza cunha zona areosa, onde os cabalos enterran practicamente todo o casco. Derívanse daqui potenciais problemas e riscos. O primeiro, risco de perda dalgunha ferradura, xa que o cabalo, o non ter unha base de apoio firme, desordea os seus trancos, producíndose facilmente “alcances” pes-mans, que poden arrincala. O segundo problema son as alteracións biomecanicas coas que o animal ten que corrixir a marcha sobre terreos demasiado brandos, incrementando en gran medida a cantidade de forza a aplicar para cada un dos trancos. Isto sumado o feito de que porta unha carga considerable xenera un desgaste especialmente alto.
Os primeiros 8 kilometros da etapa son deste tipo. A recomendación é clara. Reducir velocidade, desmontarse si o terreo se considera demasiado perigoso e continuar a carreira a pe ao lado do teu compañeiro. A esta táctica, pouco empregada polo xeral, recurrimos unha gran cantidade de veces. De feito, David leva xa corridos 13 km nas dúas etapas anteriores, o que supón unha gran liberación para o cabalo.
A clasificación, polo de agora, non é un aspecto que nos preocupe. Atopámonos no sitio no que supoñiamos que íamos a estar: posto 18, con unha desvantaxe con respecto ao primeiro de 2 horas e 9 minutos, despois de afrontar as dúas primeiras etapas tal como o fixemos, achegándonos sempre a plantexamentos conservacionistas. Como mostra, o primeiro clasificado da nosa categoría é un cabalo que está correndo probas do mundial, un superclase. Onte entrou ato galope na meta do Rocio. Pola tarde estaba recibindo unha sesión intensiva de fisioterapia, con un alto grado de posibilidades de coxeira. Nos estábamos recuperando tranquilamente a INDIANO no campo, aplicándolle masaxe de relaxación e estiramentos.
Polo de agora seguiremos coas nosas intencións tácticas. Na etapa de hoxe, a partires do quilometro 24 e ata o 35 imos a subir o ritmo esperando a resposta do cabalo. En función das sensacións e dos datos fisiolóxicos seguiranse tomando decisións, pero sempre dentro do marco da prudencia e a paciencia. Seguindo o popular dito: hai que empezar a subir o monte coma un vello para chegar ó cumio coma un mozo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario