miércoles, 29 de abril de 2009

CUARTA XORNADA, 30/3/09: SEVILLA – CARMONA



Metabólico, coxeira, pulsacións. Son os tres termos que máis asustan aos corredores de raid hípicos. Son tamén as tres posibles causas de descalificación nos Vet-Gate ou controis veterinarios que se deben pasar ao longo da proba deportiva. Si un cabalo presenta algunha alteración metabólica, ben sexa falta de motilidade no intestino, deshidratación, ausencia de pigmentación nas mucosas, ou coxeiras apreciables ao paso e no trote ou non da baixado as pulsacións nos primeiros 20 minutos por debaixo de 56, automaticamente queda descalificado. Nunha proba coma o raid Kaliber, composto por tantas etapas de tan longa duración, permítese a posibilidade de presentar ao cabalo para controis veterinarios en dias posteriores, aínda despois de ser descalificado nunha xornada, sempre e cando o animal estea recuperado do motivo polo que foi excluído. Están contempladas unha serie de penalizacións para os binomios ou equipos que incurran nesta situación, facendo que se sume unha cantidade de tempo (dependendo do motivo de exclusión) ao teu computo final.
Na etapa de hoxe tivemos a mala sorte de ser descalificados por coxeira. O noso cabalo, ao termo da xornada, despois de percorrer os 50 kilometros que conformaban a etapa, presentaba unha coxeira no pe dereito. Unha pena, xa que durante todo o percorrido non deu síntomas de molestias nin lesión e non foi máis que ao entrar no control cando comezou a mostrar estes síntomas que a postre o descalificaron. Había pasado, no quilometro 23 un control no que non se lle detectou nada. Agora, os plantexamentos tácticos mudan totalmente. A prioridade é a de recuperar o cabalo, eliminarlle as molestias e facer que poida competir canto antes, tentando perder o menor numero de etapas posibles. Cada corredor ten dereito a non sair nunha xornada e esa será., para nos, a de maña. Hoxe pola tarde adicámola totalmente a recuperación de INDIANO. Enfriamento, estiramentos, masaxe relaxante, plantas antiinflamatorias, arcilla para emplastos e xeles de frío. 5 horas de traballo que tentaremos continuar maña para reincorporarnos ao raid o antes posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario