miércoles, 29 de abril de 2009

XORNADA PREVIA, 26 de marzo, XEREZ

O IV Raid Kaliber comezou. Onte, dia 26, fixemos a presentación do equipo, momento no que se teñen que realizar unhas tarefas administrativas e organizativas esenciais. A primeira misión, aloxar ao nos cabalo nun box, permitíndolle así descansar dun traslado por carretera, no que invertimos máis de duas horas, desde o noso punto de chegada, en Sevilla, ata Xerez, saida da primeira etapa. Para un cabalo, un traslado destas característicaas resulta altamente estresante. É un animal de costumes, ao que os cambios nas súas condicións de vida non lle resultan demasiado agradables. De feito, un dos primeiros síntomas que se dan cando esto ocorre é que deixa de comer, aspecto ao que hai que atender cando estamos diante dunha competición deportiva deste calibre. Comprobado o benestar do animal dentro do seu box, onde xa pode descansar e relaxarse, é necesario presentar e inscribir ao equipo, co tódolos seus compoñentes: xinete/es, asistencias e mozos. E chegamos ao punto crucial co que nos deberemos enfrontar o resto das etapas: o control veterinario. Nel, o equipo médico determina se a túa montura está en condicións de continuar na carreira ou, coma neste caso, incluso de comezala. Realízanselle unhas exhaustivas probas biomecánicas, fisiolóxicas e metabólicas que garanten que este animal está en condicións de someterse ao tremendo reto que, para a súa capacidade de esforzo, supón unha proba deportiva destas características. Superado este nivel, non nos queda máis que deixar descansar ao animal ata o dia seguinte, no que dará comezo a proba ecuestre mais dura do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario